25 de feb. de 2014




         Radio Vilameán e
      Rosalía  de  Castro

                    Ola a todos e todas !!

Hoxe  24 de febreiro a RADIO VILAMEÁN emite un programa moi especial ...homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO no día do seu aniversario.


Os nenos e nenas de 6ºB ,dedícanlle algúns  pareados a Rosalía:
 

 
            Aseñorita Rosalía ,                                                casou con Manuel Murgía.


Rosalía coa súa idade ,
xa era famosa na modernidade .


 

Rosalía,

de todo sabía.


 

Rosalía,

se fora polas mulleres,
contra todo loitaría     





Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837,nunha casa do Camiño Novo( hoxe chamada  rúa ROSALÍA DE CASTRO .Xa dende moi nova ,en santiago de Compostela, se integrou nun grupo de intelectuais comprometidos na defensa dos intereses de Galicia.
No ano 1963 publica en Vigo CANTARES GALLEGOS  que marcou o inicio da literatura galega moderna ..

 

casa de Rosalía de Castro



Rosalía escribiu en galego  nunha época en que poucos escritores e ningunha escritora o facían.Foi por isto que Rosalía convertiríase nunha escritora das nosas letras ,publicou , o seu derradeiro libro de poemas en galego  FOLLAS NOVAS no ano 1880 na Habana ( Cuba)

 



Rosalía morreu de cancro aos 48 anos en 1885 na sua casa da Matanza en Padrón , hoxe é a casa museo da fundación Rosalía de Castro.



 
ROSALÍA DE CASTRO:

 VANGARDISTA
CULTA E MODERNA

DEFENSORA DA LINGUA E DAS CULTURA GALEGA

DENUNCIOU A MISERIA E A EMIGRACIÓN

DEFENSERO DOS DEREITOS DAS MULLERES

GALEGA E UNIVERSAL.



E os nosos compas dos diferentes  cursos participaron neste especial  ROSALÍA recitando as súas poesías e incluso creando un rap da vida de Rosalía.
Aquí vos deixamos con videos


e  algunhas imaxes do momento.



 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario