25 de abr. de 2014


VENRES  25 DE ABRIL

BOS DÍAS, OÍNTES DE RADIO VILAMEÁN!!!

 No programa deste venres…

HOXE FALAMOS DE”.

No menú de hoxe temos O tempo que vai, Novas do cole  e Recomendacións para a fin de semana e o Tempo de Lecer!

Os locutores deste venres son Sara Méndez, Nico, Manu e Tania, de 6ºA.

 


MOI BEN COMPAS!!!

Empezamos dando paso aos máis pequenos, aos compas de 1ºB que viñeron falar do tempo que haberá na fin de semana. Seica teremos chuvias o venres e sábado, e estará nubrado a maior parte do tempo. COLLEDE O PARAUGAS!!
 

 

Os compas de 1ºB que estiveron na radio foron Carla, Raúl, Nayara, Miguel e Carlos. FIXÉRONO XENIAL!

 

Continuamos coas NOVAS DO COLE!!

Temos que darlle a benvida á profe Olaia, que estará conosco un tempo traballando a música.

 


 

E… sabedes que foi o

 Día do Libro?? Pois Sofía de 3ºA regalounos un conto que escoitamos con moita atención en Radio Vilameán. GRAZAS SOFI!!

 


E agora…. O LECER DA FIN DE SEMANA!

Apetécevos ir ao cine? No cine Star do CC da Ramallosa poderemos ver The Amazing Spider Man 2: El poder del electro.

 


Gustaríavos ver un teatro chulísimo??

Pois estades de noraboa, pois temos dúa obras para ver.
 
 

O SÁBADO 26, no Auditorio Luís Tobío teremos a representación de Xango, dirixido a nenos e nenas de 8 a 11 anos. Será ás 18.00, e o prezo é de 2,5 euros.
 

 

O DOMINGO 27 teremos DE BALDE, e no Auditorio do Concello de NIGRÁN, a representación de OS TRES PORQUIÑOS. Será ás 19.00. Estade antes, porque a entrada é GRATUITA ATA ENCHER O AFORO!

 

Aquí tedes a páxina web para ver un vídeo de presentación:

E non esquezaces todo o deporte que tamén haberá na fin de semana!!

E isto rematou… no control estiveron as profes Marián, Yolanda e Verónica.
Estade atentos pois voltamos o MARTES con máis información e máis RADIO VILAMEÁN!!!! 
DEICA LOGO!!!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario