29 de nov. de 2013


Bos días a todos e a todas, oíntes de RADIO VILAMEÁN!

Hoxe venres 29 de novembro, os compas de 6ºA Lucía, Bruno, Tania e María foron os encargados de levar o programa.  No control estivo a profe Marián e a profe Yolanda.
 
 

A primeira sintonía que escoitamos foi a de "O paraugas do Xosé", que introduce a sección O TEMPO QUE VAI. Esta vez cos nenos e nenas de 1ºA!

 
 


Despiois estivemos informados de todo o que pasa na nosa contorna do Val Miñor grazas á sección de HOXE FALAMOS DE.

 
 


Coñecemos as saídas que van facer en Infantil (Indiana Bill), e no 1º e 2º ciclo (Teatro Trouble in the Jungle).  Tamén falamos dos deportes, do clube Airexa e do clube de Atletismo do Val Miñor, e do clube de Atletismo Mar de Vigo. Sabiades que un compa do noso cole está a adestrar para participar en probas de Triatlón?

 Unha nova que nos gustou moito foi coñecer que un barco do Grove avistou 6 baleas aliblancas. INCRÍBLE!! Algunha delas medía 10 metros de largo!!

Pois isto é todo… estade atentos ao vindeiro programa, o martes 3 de decembro!
 


Saúdos do Equipo de Radio Vilameán, as profes  Marián, Auri, Xiana, Carmen Campo, Yolanda e Verónica!

Ningún comentario:

Publicar un comentario