27 de nov. de 2013


Uuummmm... a que cheira ?


Hoxe martes 26 de novembro de 2013 na nosa radio favorita cheirou a...

1.-  Can de palleiro (raza en perigo de extinción)

2.-  Un poema do outono de  Antonio García Teijeiro.

3.- O noso espazo de mentira ou verdade? Hoxe unha verdade!! Un libro que se autodestrúe aos 60 días de abrilo…incrible!!

3.-  A flan de laranxa!!mmm…

Amenizado cunhas cantigas de pan de millo e ata un chiste na sobremesa!!!

Os locutores de hoxe foron Saúl, Natalia, Anxo e Lía de 5º B e Sofía, Raquel, Aldhara e Anxa de 3º A. Pasámolo xenial!! Botade unha ollada ás fotos!!

 








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario