18 de feb. de 2014

Martes 18 de febreiro 2014 



Ummm …a que cheira?
Ola nenos e nenas!!
Hoxe é martes!!
Así que disfrutamos dun programa moi apetecible!!!
 Carlota, Daniel, Javi e Iria  de 5º A fomos os encargados de que a nosa radio cheirase moi ben!!
Umm...a que cheira?
Tamén os alumnos de 3ºB estiveron por aquí: Inés, Brais, Martina, Xian e Alexandra.

Hoxe falamos dos apicultores!!!





A apicultura é unha actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas. En Europa a abella máis empregada é a do xénero Apis, con diferentes variantes rexionais.

O traballo do apicultor tense que adaptar ás variacións do paso das estacións. O traballo de primavera e verán é na colmea e durante o inverno no mantemento do material apícola, na prevención das pragas e na planificación do traballo primaveral.

E no noso programa de mentira ou verdade descubrimos que as pepitas das mazás conteñen cianuro!!



Ademais un poema titulado: 

“CANTAROLA DOS NENOS”
Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.

Cantarola nosa
de amor e de paz
leda cantarola,
ledo rebuldar…


e a nosa RECEITA de cociña…

 ORELLAS DE ENTROIDO!!

Moi doada de facer...tomade nota:

Ingredentes:
500 gramos de fariña
1 ovo
200 centilitros de auga temperada  e con sal.
100 gramos de azucre
100 gramos de manteiga
Unha cullarada de levadura e anis.


 Xa temos os ingredentes pero...como os mesturamos??



1.- Mesturamos a fariña e a levadura.
2.- Facemos un buraco no centro e engadimos un ovo, o azucre e o anis xa mesturado xunto coa auga e a manteiga.
3.- Mesturamos e amasamos nunha mesa engadindo fariña ou agua se fai falta.
4.- Deixamos reposar.
5.- Despois estiramos a masa e cortamos anacos que fritiremos en abundante aceite quente.
 O rematar podemos adornalas con azucre glass.
 E finalmente ......unhas orellas de entroido para os mais larpeiros....!
Seguro que vos sae estupenda!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario