21 de feb. de 2014

VENRES 21 de FEBREIRO... CHEGA...

HOXE FALAMOS DE!

Os reporteiros de 6ºB María F. Iván R. Soto, David e Raquel levaron hoxe o peso do programa.

 
 
Os nenos de 1ºB Marta, Alicia, David, Aroa, Esela e Daniela informáronnos do tempo que haberá este fin de semana. Seica SAIRÁ O SOL o sábado. BEEENNN!!!

 




Os reporteiros de 6º seguiron contándonos novas sobre os deportes e tamén de actualidade. Sabedes que os fortes temporais AMEAZAN aos bosques de algas nas Illas Cíes? As Laminarias forman ecosistemas de gran biodiversidade e serven de protección e alimento a moitas especies de animais.



Dentro das NOVAS DO COLE soubemos que a aula de Infantil de 5 anos A ten uns novos 'alumnos'... ao fin naceron os poliños!!! Chámanse Pedro e Lanita. A outra aula de Infantil 5 anos B tamén recibiu una incubadora... teremos que esperar a ver que nace deses ovos!




E, por último...  NON ESQUEZADES que o ESPAZO LECTURA segue coa súa programación os luns na Biblio de Gondomar e os mércores na Biblio de Donas.


E isto é todo!!.... Non deixedes de lernos no blog... e estade atentos porque próximamente teremos un programa MOI ESPECIAL adicado a ROSALÍA DE CASTRO.

D E I C A   L O G O  !  !  !





Ningún comentario:

Publicar un comentario