14 de nov. de 2013

O TEMPO ESTÁ TOLO!

Moi boas, oíntes da Radio Vilameán, a mellor radio de todo Nigrán!
O xoves 14 de novembro, algúns nenos e nenas de 1ºB visitaron a Radio para falar do tempo que habería na fin de semana. Esta vez tocoulle a Raúl, Alicia, Iker, Amalia e Mario.







A sección do tempo, normalmente sae nos programas dos venres. Pero... que pasou este venres no CEIP Humberto Juanes? Pois que marchamos de MAGOSTO! Por iso adiantamos esta sección ao xoves.

Así que... non o esquezas... sintoniza tódolos venres Radio Vilameán para saber o tempo que haberá na fin de semana.
Ata a próxima!

13 de nov. de 2013

5,4,3,2,1,........DEDICATORIAS!!!
Ola compas!! Hoxe os encargados de pilotar a nosa radio foron os compas de 4ºB con cancións de :
- Iván Ferreiro, El dormilón
-Icona pop, I love it.
-Samo, Sin ti.
-Entre la playa ella y yo. Big Yamo.
- Cold play. Viva la vida
(Se premes en algunha destas cancións poderás escoitala de novo)
...Tamén estiveron  os compas de 2ºB  decindo os npomes dos compas que estiveron esta semana de cumpleanos.












 

12 de nov. de 2013


MARTES 12 DE NOVEMBRO DE 2013

Ummm …a que cheira?

Ola nenos e nenas!!

O martes, día 12 de novembro de 2013, Yaiza, Elena, Simone e Yago fomos os encargados de que a nosa radio cheirase moi ben!! Tamén os alumnos de 3ºA estiveron por aquí.  O menú? Algo delicioso!! Foi moi apetecible… Unha poesía do outono, algo de actualidade informativa sobre a restauración e protección do río Muíños e a nosa receita semanal…“Magdalenas de castañas”...boísimas!!  

(En breve teredes as receitas tamén na web)