30 de xan. de 2014


Isto é... Para tí Dedicatorias!!

Ola compas, hoxe na radio Vilameán Teresa, Iván, Lucas Vázquez e Alba Romero de 4ºB  foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán!!


Con eles tamén estiveron os compas Iván, Manuel, Mateo, Javi e Pedro fernández de 2ºA para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.






E as dedicatorias foron para:

-Marta de 1ºC de Lucía de 1ºA coa canción ¨Osito gominola¨.


-Santi de 1ºA de Pablo de 1ºA coa canción  de Could play



-Miguel de infantil de 4anos de súa irmá Xiana de 1ºA coa canción ¨Quiero rayos de sol tumbados en la arena ¨.
 

-Héctor que vai estar de cumple do seu irmán Martín de 1ºA coa canción¨ Dormilón ¨de Iván Ferreiro

-Dos nenos e nenas de 4ºB para todo o cole  para celebrar o día da PAZ coa canción Paco Papán.







 

29 de xan. de 2014

Alumnos do noso colexio  entrevistan ao alcalde de Nigrán Alberto Valverde...

 
Proximamente o audio da entrevista aquí en radio Vilameán!!

Ummm...a que cheira?


 
Ummm …a que cheira?

Ola nenos e nenas!!


O martes, día 28 de xaneiro de 2014, María López, Lucas, Lucía Fontela e Alejandro fomos os encargados de que a nosa radio cheirase moi ben!!
 
 

Tamén os alumnos de 3ºA estiveron por aquí: Rocío, Lois, Sheyla, Yoel e Andrea.
 

 O menú? Algo delicioso!! Foi moi apetecible… Unha recua de adiviñas relacionadas co monte... velaí van algunas:

 

“Nazo con sombreiro

medro con sombreiro

e cando chega o día

marcho…e non o levo” 

Que é?

            (Le do revés:  ardnal A)





 

“Úsanme para dar sabor

e como agasallo nos premios

pero críome nos recunchos

nos beirais e nos lindeiros.”
 
Que é?
(Le do revés:  orieruol O)



 

“Nos sitos solleiros

de pouca auga e menos terra

medra unha planta que ten

flores de ouro e dentes de fera.”

 

Que é?

(Le do revés:  oxot O)

 

E sen olvidarnos da nosa receita semanal que foi “barquiños de ovo” sinxela, rica e divertida!!!

 
 
 
Ademais tamén falamos da VACALOURA (vive nos bosques onde hai carballos e é o maior escaravello de Europa).



 
 

Un recordatorio especial, achégase o día da PAZ!