22 de nov. de 2013

MOI BOAS, oíntes de RADIO VILAMEÁN!

No programa de hoxe venres 22 de novembro de 2013 tivemos as seccións de " Hoxe falamos de... " e " O tempo que vai ".




En "Hoxe falamos de...", os reporteiros e reporteiras de 6º, Adrián, Merche, Yasmina e Pedro,  contáronnos as novas do colexio. Xa temos gañadores do concurso do SAMAÍN!!
Hai moitos premiados nas diferentes seccións:

* CONTOS DE TERROR: Premio colectivo a 1ºC polo seu conto ilustrado.
Individuais: 2ºA: Eva, Sara García e Uxía Lameiro.
2ºB: Lucas Pena, Emma Álvarez e Yasmina.
3ºA: Iago e Sheila.
3ºB: Martín López de Alda.
4ºA: Antón Alejos Ruibal.
4ºB: David Leyenda, Uxía e Alba Romero.
5ºA: Daniela Ottonello, Carlota Rial e Lucía, Sara e Mario.
5ºB: Claudia Galván, Alba e Ana.
6ºA: Tania Bouzós, Pablo Lamothe, Carlos González e Ismael Salgueiro.
6ºB: Sara Ferreiro, María Fernández e María Núñez.

* AULAS MÁIS PARTICIPATIVAS:
1ºC, 2ºA, 2ºB, 4ºA, 4ºB, 6ºA e 6ºB.

* DEBUXOS DE TERROR:
Educación Infantil de 3 anos A e B, 4 anos A e B, 5 anos A e B; 1ºA, 1ºB, 1ºC, 2ºA, 2ºB, 6ºA e 6ºB.

* PREMIO ESPECIAL CLASE MELLOR DECORADA: 4ºA.

Seguindo coas novas, na sección de deportes, non esquezades de que o sábado 23 ás 12.30 o equipo de Baloncesto do Airexa xoga contra o Celta no pabillón de Navia.

Os reporteiros tamén nos informaron da folga de estudantes contra a nova Lei de educación, a LOMCE. Coñecemos os incidentes provocados por un grupo de infiltrados alleos á manifestación.

E na sección do TEMPO QUE VAI, tivemos aos reporteiros máis novos do cole, os alumos e alumnas de 1º!!! Este venres tocoulle a 1ºC.

Os reporteiros foron: María Figueroa, Ana López, Tania Pimienta, Aleina, Marta Rodríguez, Felipe Comesaña, Carlos García de la Peña.


Coñecemos que irá MOITO FRÍO nesta fin de semana, así que preparádevos ben!!

Que ben o fixeron estes nenos e nenas! Foi moi especial para eles, posto que era a súa primeira vez na Radio.
Para que o podades comprobar vós mesmos, aquí vos deixamos cun pequeno video da radio de hoxe.



... Isto é todo...  estade atentos á Radio Vilameán durante os recreos!!
ATA LOGO!!!

21 de nov. de 2013


Isto é... Dedicatorias!!

Ola compas hoxe, 21 de novembro de 2013, Mirian ,Marcos ,Zoila e Yulia  de 4ºA foron os encargados de pilotar esta sección de Radio Vilameán ..a mellor radio de todo Nigrán.

 


Con eles, tamén estiveron os compas de 2ºA para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.
 
 
 


 

 

E as dedicatorias desta semana foron para:

-Marta Rouco de 1ºB de Lucia Fontenla de 5ºA coa canción Osito Gominola

-Shewit,Like e Raquel de 5ºA  de Mario López de 5ºA coa canción Rias Baixas Style

-Sabela ,Zoila e Belén de 4ºA de Yulia Cabadas de 4ºA coa canción Lindsey Stirling.

E finalmente  a tódolos compas do Ceip do Humberto Juanes  da profe Vero coa canción Fogo Nicolás de Celtic Roots.

Recordade que para facer a vosa dedicatoria só tedes que coller un impreso que hai na vosa clase ou na radio que está na primeira planta, preto da Caixa de tàpóns, e deixala no buzón da radio.
Esperámosvos a vindeira semana!



 

19 de nov. de 2013


HOXE É…MARTES 19 DE NOVEMBRO DE 2013!!!

E escoitamos a sesión de…

Ummm …a que cheira?

O programa mais sabroso de todos!!

Os alumnos de 5ºA (Lucía Pousa, Lucía Fontela, Carlota e Andrés) fomos os encargados de prender os fogóns da radio. Tivemos unha morea de noticias entre as que destacamos: os animais en perigo de extinción, coidamos o medio ambiente (por iso comezaremos coas brigadas de limpeza no recreo) e por suposto a nosa receita semanal de …
tarta de noces!! Mmm….boísima!!

 E isto non foi todo!! Os alumnos de 3ºB (Loreto, Quique Mareque,  Susana, Martín  e Cristina) tamén nos achegaron unhas fermosas verbas de Antonio Gracía Teijeiro.

Se queredes máis agardade o seguinte martes!
 Esperámosvos!!