17 de dec. de 2013


Ummm…a que cheira?
Hoxe foi martes, 17 de decembro de 2013 e emitiuse o programa mais sabroso de todos!!


Os alumnos de 5ºA e 3ºA foron os reporteiros especiais…velaquí tedes unha proba do contentos que estaban…. Xa estamos ás portas do nadal….ho,ho,ho!!
Somos Carla Rivero, Yago Gutiérrez, Xoan Fontela, Marián Valverde e Nayara Lameiro de 3ºA e Isabel Rial, Shewit Pérez-Izaguirre, Mario Méndez e Daniela Otonello de 5ºA...menudo equipo!!!
 
O noso programa tivo un contido bárbaro!! Escoitade:
-  Falamos do acivro unha árbore moi demandada nesta época do nadal. 
. Recitamos unha poesía adicada ao Castiñeiro.
. A receita da semana..."compota de nadal"...boísima e sobre todo saudable!
. O xogo semanal de mentira ou verdade!! Sabedes que a tradición do pavo de nadal data do século XVI e veu de México? pois é verdade!!
. E un recordatorio de última hora...o APALPADOR visitará o cole o vindeiro xoves 19 de decembro!!
 
Pasámolo xenial... esperámosvos á volta das vacacións de nadal...!!!!
 
BICOS.....APERTAS....BOAS FESTAS...BO NADAL!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 

13 de dec. de 2013

Na RADIO VILAMEÁN... "Hoxe falamos de..." e "O Tempo que vai"


Moi boas, oíntes de Radio Vilameán... a mellor radio de TODO NIGRÁN!!

Hoxe venres 13 de decembro tivemos un programa dirixido por Laika e Nair, dúas compas de 5ºA que o fixeron XENIAL!!


Dentro das novas do cole coñecemos unha noticia MOOOIII especial!. O pasado martes, 10 de decembro estivo connosco o fantástico deportista BRAIS MISA, un atleta incríble que practica o DUATLÓN. Brais é todo un campión a nivel nacional e mundial!



O alumnado de 6º fíxolle unha entrevista moi interesante, que xa escoitaredes aqui máis adiante.



Tamén nos informaron de que o pasado 3 de decembro celebrouse o día das persoas con discapacidade. Pero lembrade... a única discapacidade perigosa é a de NON ter corazón!!



E CHEGA A INFORMACIÓN DO TEMPO para a fin de semana!!

Os reporteiros máis pequenos do cole, o alumando de 1º, informounos do tempo que haberá este fin de semana. Estará algo nubrado, pero seguiremos tendo sol.
Veña, aproveitade para ir de excrusión ao monte e gozar coa natureza do Val Miñor!




E despedímonos con cancións do Nadal. A semana que ven será a última do ano en Radio Vilameán... e virá o apalpador. Aqui deixámosvos unha das súas cancións:

http://www.youtube.com/watch?v=eS2szqW-jVs

 No control estivo a profe Marián, e axudando estiveron as profes Carmen Campo e Verónica. Un saúdooooo e ata o martes!!







12 de dec. de 2013


Isto é... Dedicatorias

Ola compas hoxe na radio Cristhian,Uxía, Carlota e Lucas González de  4ºB foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán.


Con eles tamén estiveron os compas de 2ºB para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.

E as dedicatorias foron para:

-Carlota y Vera  de 4ºB  de Alba Sarabia Fernández 4ºB coa canción ¨Señorita ¨de Abraham Mateo


-Lois de 3ºA  de A profesora de música Susana coa canción ¨Smoke in the water¨  de Deep Purple.

-Belén, Lucía y Yulia de 4ºA coa canción OSITOGOMINOLA.


-Lucía López de 4ºA para Ágata de 4ºA coa canción ¨Una vaina loca¨

-Pedro de 3 anos, Julia de 5anos, Ana de 1ºC, Irene de 1ºA e Paula de 2ºA de Lucía Arébalo coa canción Call me maybe.

-E finalmente ás profes da radio de Auri coa cación VOLVER A CASA POR NADAL de Xabarín Clube.

 

 

11 de dec. de 2013


Umm…a que cheira?

 

Peixe, carne, verduras e xamón!!

Hoxe martes 10 de decembro de 2013 na nosa radio favorita estiveron uns reporteiros moi especiais….
Os alumnos de 3ºA: Mario…Kiara…Arantxa…Ada…e…Carla.


Hoxe recitamos adiviñas......aí vai unha delas:

        AVE teño de nome
de LÁ o revestimento
o que non adiviña
non ten discorremento.
 

Alta estou
ladrón vexo vir
do meu carapucho
non podo fuxir.
 
Ademais os nenos de 5º B levaron o peso do programa cun menú do mais apetecible!!!



-     Faláronnos do falecemento de Nelson Mandela (presidente de Sudáfrica e premo Nobel da Paz).

-     Dunha receita moi especial...Panettone.

-     E...o noso xogo semanal de: Mentira ou verdade? Unha curiosida ben certa e foi que nos hospitais xaponeses non existen as plantas números 4 e 9 por ser estes números da mala sorte!!

 
Vémonos a semana que ven!!
Con mais noticias frescas na nosa radio favorita!!


Nelson Mandela: unha lenda para os nenos e nenas 
 


Dende a Radio Vilameán ...un adeus musical







 
 

9 de dec. de 2013


Isto é... Dedicatorias

Ola compas hoxe na radio os alumnos e alumnas de 4ºA foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán.

 


Con eles tamén estiveron os compas de 2ºA para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.
 

 
 
 
 
 

E as dedicatorias desta semana foron para:

-Carlota de 5ºA  de Paula de 5ºA coa canción WREYKIN BALL

-Raquel e María de 5ºA  de Shewit de 5ºA coa canción Euphoria  de Violeta.

-Xandre García Gil de 3 anos de Sabela García Gil  de 4ºA coa canción OSITO GOMINOLA.

-Nerea e Lyka de 5ºA para Daniela de 5ºA coa canción B.E.A.T de Selena Gómez.

-E finalmente a todos os nenos  que escoitan a radio Vilameán da profe Yolanda coa canción Somos  do clube da GALEGA  de Xabarín Clube.( se queres escoitala outra vez preme aquí)E como non, unha foto simpática co Xabarín mais coñecido de toda a TVGA para todos VÓS.
 
 
Ata o vindeiro xoves!!


 

3 de dec. de 2013


Ummmm..a que cheira?

Hoxe martes 3 de decembro na nosa radio emitiuse o programa de Um...a que cheira?...Hoxe estiveron Lía, Álvaro, Alba, Javi e Nico de 3ºB e Iria, Lucas, Enrique e Paula de 5º A. Faláronnos de: Un poema de Antonio García Teijeiro, de a deforestación dos nosos bosques e una receita do mais deliciosa..."pementos recheos de tortilla de pataca"!! Ademais recordamos que este venres non se emite programa porque é festivo e celebraremos a Constitución dee 1978!! Unha morea de noticias!!!










 

29 de nov. de 2013


Bos días a todos e a todas, oíntes de RADIO VILAMEÁN!

Hoxe venres 29 de novembro, os compas de 6ºA Lucía, Bruno, Tania e María foron os encargados de levar o programa.  No control estivo a profe Marián e a profe Yolanda.
 
 

A primeira sintonía que escoitamos foi a de "O paraugas do Xosé", que introduce a sección O TEMPO QUE VAI. Esta vez cos nenos e nenas de 1ºA!

 
 


Despiois estivemos informados de todo o que pasa na nosa contorna do Val Miñor grazas á sección de HOXE FALAMOS DE.

 
 


Coñecemos as saídas que van facer en Infantil (Indiana Bill), e no 1º e 2º ciclo (Teatro Trouble in the Jungle).  Tamén falamos dos deportes, do clube Airexa e do clube de Atletismo do Val Miñor, e do clube de Atletismo Mar de Vigo. Sabiades que un compa do noso cole está a adestrar para participar en probas de Triatlón?

 Unha nova que nos gustou moito foi coñecer que un barco do Grove avistou 6 baleas aliblancas. INCRÍBLE!! Algunha delas medía 10 metros de largo!!

Pois isto é todo… estade atentos ao vindeiro programa, o martes 3 de decembro!
 


Saúdos do Equipo de Radio Vilameán, as profes  Marián, Auri, Xiana, Carmen Campo, Yolanda e Verónica!

28 de nov. de 2013


Isto é .....DEDICATORIAS

Ola compas, hoxe 28 de novembro , os alumnos de 4ºB foron os encargados de dar voz a nosa radio..



.....Pavís ,pavós a radio Vilameán con todos VÓS.



Con eles, estiveron os alumnos /as de 2ºB da profe Marina para RECORDAR os ANIVERSARIOS aos alumnos e alumnas que estiveron esta semana de aniversario.



 
E as dedicatorias desta semana foron para:


-Euforia Violetta para Lucia Fontela de Sara Salceda

-Ilove It  para  Carlota Lyka ,Iria  e  Daniela de MariaC a María Clavo.

-One direction para Belén de Laura e  Lucía López de 4ºA

-We Wil Rock You para Miguel de 1ºB de Pablo Chamorro Pereira de 4ºA

-Quiero rayos de sol Para Daniela de 5ºA de Ágata de 4ºA

  
 
-Xabarín Clube....blood filloas--- da profe Xiana para todos os nenos e nenas do CEIP Humberto Juanes.
 











Esperámosvos a vindeira semana!!!!



 
 

27 de nov. de 2013


Uuummmm... a que cheira ?


Hoxe martes 26 de novembro de 2013 na nosa radio favorita cheirou a...

1.-  Can de palleiro (raza en perigo de extinción)

2.-  Un poema do outono de  Antonio García Teijeiro.

3.- O noso espazo de mentira ou verdade? Hoxe unha verdade!! Un libro que se autodestrúe aos 60 días de abrilo…incrible!!

3.-  A flan de laranxa!!mmm…

Amenizado cunhas cantigas de pan de millo e ata un chiste na sobremesa!!!

Os locutores de hoxe foron Saúl, Natalia, Anxo e Lía de 5º B e Sofía, Raquel, Aldhara e Anxa de 3º A. Pasámolo xenial!! Botade unha ollada ás fotos!!