17 de xan. de 2014

Xa chega... "HOXE FALAMOS DE" ! !

Ata os micros da RADIO VILAMEÁN achegáronxe hoxe os reporteiros de 6ºB Anxo, Lucía, Pedro F. Macías e Gisela.



 Empezaron presentando aos compañeiros de 1ºA que nos informaron sobre o tempo que haberá na fin de semana.  COLLEDE O PARAUGAS, porque seica o sábado vai caer unha boa!! Pero tamén teremos frío e un pouco de sol... así que buscade o ARCO DA VELLA!

Aquí están os compas de 1ºA Xoán, Paula, Lucas, Lucía, Antía e Aitana.


 
 
E despois do tempo seguimos falando das novas do colexio. Os reporteiros felicitaron á profe de Inglés Marta Cid porque xa naceu a súa segunda filla!! NORABOA, MARTA!!

 
 
 E xa no tempo dos deportes, lembrarvos que o Sábado ás 10 da mañá o Clube de Baloncesto AIREXA xoga contra o Celta no pabillón de Navia. Hai que ir a  animalas!!!

 

 Hoxe venres pola tarde recomendamos a sesión de Espazo Lectura de Contos en Cueiros. Representarase "Oso busca lugar onde durmir", para os máis cativos da casa. NON O PERDADES!





 
QUE BEN O FIXERON OS RAPAC@S DE 6ºB !!!!

Isto foi todo... ata o martes!!!

16 de xan. de 2014



Isto é... Para tí Dedicatorias!!
Ola compas hoxe na radio Vilameán Brais,Hugo,Joel e Alba Sarabia de 4ºA  foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor raaaaaadio de toooodo Nigrán!!



Con eles tamén estiveron os compas de 2ºB para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.

 

E as dedicatorias foron para:
-Marina de 2ºA de Ana Rodríguez coa canción Rias Baixas Style.(preme na canción)



-Mateo Rey de Infantil 3 anos do seu irmá Martín Rey,dedícalle o himno do Celta (preme na canción)
-Para Irene de Sara Alonso Pérez coa canción Vuelvo a despertar de Violeta( preme na canción)



-Para todo 5ºB de Lidia de 5ºB coa canción Licor Café de La Matumbá.(preme na canción).

Ata a próxima semana!!!!



 
 



14 de xan. de 2014

XA ESTAMOS NO 2014

e comenzamos co noso programa de......

Ummm...a que cheira??

Martes, 14 de xaneiro de 2014

Ola amigos e amigas de RADIO VILAMEÁN!!

 Os alumnos de 5ºB , Xabi, Gabriel, Iria e Martes, levamos a voz cantante no programa de hoxe, axudados polos nosos compañeiros de 3º B que foron Clara, María, Ancor, Gisela e Irene.

 

 

 

 Os alumnos de 3º B recitáronnos un poema sobre o arco da vella...fixérono fenomenal!!!!!

 
 


 

Ademais enterámonos de que a cera das abellas é moi boa para a pel e incluso reduce as enrugas. Na nosa sección de mentira ou verdade enterámonos de que hai un programa de TV para cans e cadelas pero só se emite en EEUU e Israel.....curioso, curioso.

 
 

 

Por último una receita boísima....piruleta de prátano e panceta seguindo os tres obxectivos das nosas receitas....rica, doada e saudable!!

 
 

Deica pronto amigos