7 de mar. de 2014


BOS DÍAS A TOD@S, OÍNTES DE RADIO VILAMEÁN!!!

 

Chega… “HOXE FALAMOS DE”…

 

No control temos as profes Marián e Xiana. Os reporteiros deste venres 7 de marzo son 4 nenos de 6º: Javi Marcos, Alex, Carlos e Jens.


 

Empezamos coa sintonía do Tempo que vai! Os nenos e nenas de 1ºB informáronnos de que HABERÁ SOL TODA A FIN DE SEMANA. IncríbleeEEee!!!

Grazas a Aroa, Daniela, Iker, Amalia e Estela por esta gratísima nova!
 
 

 

O programa continuou despois coas… NOVAS DO COLE:

Temos que despedirnos da profe Ana Bao que estaba sustituíndo a Yolanda. MOITAS GRAZAS, ANA!!




Lembrade que temos pendente unha entrevista á profe Yolanda, para que nos conte as súas experiencias en NAMIBIA!


 

Dentro dos DEPORTES DO COLE temos unha moi boa noticia:

 
TORNEO DE FÚTBOL FEMININO no patio do colexio. APÚNTATE! As rapazas do 3º ciclo xogarán un torneo. O equipo gañador enfrontaráse … ás PROFES do cole. Que medo!


 Esta actividade enmárcase dentro da SEMANA DA MULLER que se celebra mañán sábado 8 de marzo e que lembraremos durante toda a semana que ven.
 
Aquí temos ao equipo mixto do Val Miñor, onde xoga María Ojea de 5ºB!
 
 
 

NOVAS DO LECER DA FIN DE SEMANA:

 

Como o ENTROIDO estivo pasado por auga, poderemos disfrutar de varios desfiles que se suspenderon. QUE BEN! Así que saca o teu disfraz e participa nas comparsas de GONDOMAR hoxe venres! O domingo teremos o desfile en NIGRÁN!

 
 
 
 
 


 

Non vos esquezades de que o sábado ás 19.00 na CASA COLORIDA de Nigrán (fronte a Praza Rosalía de Castro) poderedes escoltar a JUAMPI CONTACONTOS.

 

Isto é todo! ATA O MARTES!!!