4 de feb. de 2014


4 de Febreiro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO

O Día Mundial Contra o Cancro é unha xornada de concienciación social e política que busca incrementa-los medios de loita contra esta enfermidade e difundi-la información existente entre enfermos e profesionais.

Co lema “Meniños de hoxe, o mundo do mañá”,  estase a traballar na PREVENCIÓN DO CANCRO. Como? Pois  informando e traballando sobre os catro factores de risco que causan o maior número de casos de cancro:
*O CONSUMO DO TABACO
* A MALA ALIMENTACIÓN
* AS INFECCIÓNS QUE PODEN PRODUCIR CANCRO
* UNHA PREXUDICIAL  SOBREEXPOSICIÓN Ó SOL
 
DEIXÁMOSVOS  COA CANCIÓN SEGUIREMOS DE MACACO E O HOSPITAL DE SAINT JOAN DE DÉUS