25 de abr. de 2014


VENRES  25 DE ABRIL

BOS DÍAS, OÍNTES DE RADIO VILAMEÁN!!!

 No programa deste venres…

HOXE FALAMOS DE”.

No menú de hoxe temos O tempo que vai, Novas do cole  e Recomendacións para a fin de semana e o Tempo de Lecer!

Os locutores deste venres son Sara Méndez, Nico, Manu e Tania, de 6ºA.

 


MOI BEN COMPAS!!!

Empezamos dando paso aos máis pequenos, aos compas de 1ºB que viñeron falar do tempo que haberá na fin de semana. Seica teremos chuvias o venres e sábado, e estará nubrado a maior parte do tempo. COLLEDE O PARAUGAS!!
 

 

Os compas de 1ºB que estiveron na radio foron Carla, Raúl, Nayara, Miguel e Carlos. FIXÉRONO XENIAL!

 

Continuamos coas NOVAS DO COLE!!

Temos que darlle a benvida á profe Olaia, que estará conosco un tempo traballando a música.

 


 

E… sabedes que foi o

 Día do Libro?? Pois Sofía de 3ºA regalounos un conto que escoitamos con moita atención en Radio Vilameán. GRAZAS SOFI!!

 


E agora…. O LECER DA FIN DE SEMANA!

Apetécevos ir ao cine? No cine Star do CC da Ramallosa poderemos ver The Amazing Spider Man 2: El poder del electro.

 


Gustaríavos ver un teatro chulísimo??

Pois estades de noraboa, pois temos dúa obras para ver.
 
 

O SÁBADO 26, no Auditorio Luís Tobío teremos a representación de Xango, dirixido a nenos e nenas de 8 a 11 anos. Será ás 18.00, e o prezo é de 2,5 euros.
 

 

O DOMINGO 27 teremos DE BALDE, e no Auditorio do Concello de NIGRÁN, a representación de OS TRES PORQUIÑOS. Será ás 19.00. Estade antes, porque a entrada é GRATUITA ATA ENCHER O AFORO!

 

Aquí tedes a páxina web para ver un vídeo de presentación:

E non esquezaces todo o deporte que tamén haberá na fin de semana!!

E isto rematou… no control estiveron as profes Marián, Yolanda e Verónica.
Estade atentos pois voltamos o MARTES con máis información e máis RADIO VILAMEÁN!!!! 
DEICA LOGO!!!

 

 

23 de abr. de 2014

 
         23 de abril
   Día do libro
      Ola compas!!!
Hoxe celebramos o día DO LIBRO  e ....sabedes por que?
Porque  0 23 de abril de  1616 falece en Madrid Miguel de Cervantes  Saavedra , considerado unha das máis grandes figuras da literatura española e universalmente coñecido por escribrir  Don Quixote da  Mancha.

É coñecido  polo seu sobrenome de  o  Príncipe dos  inxenios.

    Don Quixote da Mancha é a primeira novela moderna e unha das mellores obras da lieteratura universal , ademais de ser  o libro mais editado e traducido da historia , só superado pola Biblia.

Por este motivo celebramos o 23 de abril o Día  Internacional  do Libro...animando a todos a disfrutar do placer da lectura.
Que disfrutedes das vosas lecturas!!!!!
 

 

 

 
 





 

 

 
.
 


 


 

 

 

 

22 de abr. de 2014


22  de abril

DÍA   DA   TERRA


Este ano o Día da Nai Terra centrarase nas cidades verdes , co obxectivo de mobilizar a millóns de persoas para acadar un medio ambiente saudable e sostible.Na actualidade , mais da metade da poboación mundial vive nas cidades.A medida que a poboación urbá medra e os efectos do cambio climático empeoran debemos evolucionar.

É hora de que invirtamos nas enerxías renovables e na eficiencia enerxética , reconstruïamos as  nosas cidades e comecemos a resolver os problemas do cambio climático.

A campaña cidades verdespretende xerar un movemento a nivel mundial perante os próximos dous anos para acelerar esta transición.
 
 

MARTES

22 DE ABRIL

DE 2014

Ummm …a que cheira?

Ola nenos e nenas!!

Hoxe é martes!!

Así que disfrutamos dun programa moi apetecible!!!

 Daniela, Naír, María Clavo e Lucía de 5º A fomos os encargados de que a nosa radio cheirase moi ben!!

Umm...a que cheira?

Tamén os alumnos de 3º B estiveron por aquí: Kiara, Arantxa, Ada, Carla e Mario.
Recitáronnos un poema de Enrique E. Rivarola "La palabra y su mundo" Ed. Plus Ultra.
 
  
e...a nosa RECEITA de cociña….hoxe foi RATIÑOS DE PATACA!!

Moi doada de facer...Botade unha ollada!!!
 

 



 
 
 
 
Recordamos as tarefas e xogos que realizaremos ao longo da semana do libro.....
 
E tamén animamos a seguir practicando os xogos tradicionais do patio!!!