21 de feb. de 2014

VENRES 21 de FEBREIRO... CHEGA...

HOXE FALAMOS DE!

Os reporteiros de 6ºB María F. Iván R. Soto, David e Raquel levaron hoxe o peso do programa.

 
 
Os nenos de 1ºB Marta, Alicia, David, Aroa, Esela e Daniela informáronnos do tempo que haberá este fin de semana. Seica SAIRÁ O SOL o sábado. BEEENNN!!!

 




Os reporteiros de 6º seguiron contándonos novas sobre os deportes e tamén de actualidade. Sabedes que os fortes temporais AMEAZAN aos bosques de algas nas Illas Cíes? As Laminarias forman ecosistemas de gran biodiversidade e serven de protección e alimento a moitas especies de animais.



Dentro das NOVAS DO COLE soubemos que a aula de Infantil de 5 anos A ten uns novos 'alumnos'... ao fin naceron os poliños!!! Chámanse Pedro e Lanita. A outra aula de Infantil 5 anos B tamén recibiu una incubadora... teremos que esperar a ver que nace deses ovos!




E, por último...  NON ESQUEZADES que o ESPAZO LECTURA segue coa súa programación os luns na Biblio de Gondomar e os mércores na Biblio de Donas.


E isto é todo!!.... Non deixedes de lernos no blog... e estade atentos porque próximamente teremos un programa MOI ESPECIAL adicado a ROSALÍA DE CASTRO.

D E I C A   L O G O  !  !  !





20 de feb. de 2014


Isto é... Para tí Dedicatorias!!


 

Ola compas hoxe xoves 20 de febrero estivemos  na radio Vilameán Miguel,Tomás,Ainhoa e Antón de 4ºA.

 


 Eles foron os  encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán!!

Con eles tamén estiveron os compas Rodrigo, Emma, Natalia,Ismael y Sofía de 2ºB para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.

 
 


Neste programa dúas fans de radio Vilamén Andre e Carmen Campo filtráronse no noso estudo para danzar as nosas melodías...adiante video!!

 

 E as dedicatorias foron para:

-Profe Carmen Campo de poarte de Ágata de 4ºA  coa canción ¨Osito gominola¨.
 

-Profe Cristina de parte de Yasmina de 4ºA coa canción Ángel caído  de Malú.
 

-Lucía Arévalo de 4ºA de Mirián Barreiro de 4ºA coa canción  código amistad de Violeta.

-Ágata de 4ºA de Zoila de 4ºA coa canción Yo te esperaré,



-Yaiza de 5ºB de parte do seu ben querido amigo Brais de 5ºB coa canción Wrecking Ball de Miley Cyrus
 
 
 
Isto é todo...non deixedes de escoitarnos en Radio Vilameán..a mellor Radio de todo Nigrán!! ...esperámosvos a vindeira semana...deica logo!!!
 

18 de feb. de 2014

Martes 18 de febreiro 2014 



Ummm …a que cheira?
Ola nenos e nenas!!
Hoxe é martes!!
Así que disfrutamos dun programa moi apetecible!!!
 Carlota, Daniel, Javi e Iria  de 5º A fomos os encargados de que a nosa radio cheirase moi ben!!
Umm...a que cheira?
Tamén os alumnos de 3ºB estiveron por aquí: Inés, Brais, Martina, Xian e Alexandra.

Hoxe falamos dos apicultores!!!





A apicultura é unha actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas. En Europa a abella máis empregada é a do xénero Apis, con diferentes variantes rexionais.

O traballo do apicultor tense que adaptar ás variacións do paso das estacións. O traballo de primavera e verán é na colmea e durante o inverno no mantemento do material apícola, na prevención das pragas e na planificación do traballo primaveral.

E no noso programa de mentira ou verdade descubrimos que as pepitas das mazás conteñen cianuro!!



Ademais un poema titulado: 

“CANTAROLA DOS NENOS”
Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.

Cantarola nosa
de amor e de paz
leda cantarola,
ledo rebuldar…


e a nosa RECEITA de cociña…

 ORELLAS DE ENTROIDO!!

Moi doada de facer...tomade nota:

Ingredentes:
500 gramos de fariña
1 ovo
200 centilitros de auga temperada  e con sal.
100 gramos de azucre
100 gramos de manteiga
Unha cullarada de levadura e anis.


 Xa temos os ingredentes pero...como os mesturamos??



1.- Mesturamos a fariña e a levadura.
2.- Facemos un buraco no centro e engadimos un ovo, o azucre e o anis xa mesturado xunto coa auga e a manteiga.
3.- Mesturamos e amasamos nunha mesa engadindo fariña ou agua se fai falta.
4.- Deixamos reposar.
5.- Despois estiramos a masa e cortamos anacos que fritiremos en abundante aceite quente.
 O rematar podemos adornalas con azucre glass.
 E finalmente ......unhas orellas de entroido para os mais larpeiros....!
Seguro que vos sae estupenda!!!