14 de maio de 2014

 
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

E

 RADIO VILAMEÁN!!!
 


 
 
 
No programa de hoxe en “Ummm …a que cheira?” un menú moi galego, galego!!!

Hoxe falamos de:

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 

 
 
 

O s nosos poetas de 3ºb visitaron a nosa radio, agasalláronnos cunhas fermosas verbas, eles foron alba, javi, Nicolás, Loreto  e martín. Velaí os tedes:
 



 

DE SEGUIDO, OS ALUMNOS DE 5º B (JAVI, ALBA, DIEGO,  E MARÍA) E UNHA ALUMNA DE 5ºA (ANDREA), FORON OS DINAMIZADORES DO PROGRAMA DE HOXE.
 

 

 
HOXE A NOSA RECEITA SEMANAL DEU PROTAGONISMO A MAZÁ....


 

HOXE COCIÑAMOS MAZÁS ASADAS!!!

 
 
 


DEICA A VINDEIRA SEMANA DENDE
RADIO   VILAMEÁN!!!!


12 de maio de 2014


BOS DÍAS, OÍNTES DE RADIO VILAMEÁN!!!! a MELLOR radio  de  todo NIGRÁN!

 

O programa do Venres 9 de maio de 2014 chega cheo de novas, da mans dos reporteiros de 6ºB María P., Pedro Castro, Valeria e Adrián. No control están as profes Marián e Carmen Campo.

 

Primeiro de nada temos aos locutores máis cativos do cole, os compas de 1º, que sempre nos falan do tempo para a fin de semana. Este venres estiveron María, Anxo, Marta, Martín, Lucía e Pedro, de 1ºC.

QUE BEN O FAN!!!!

Despois do tempo chega… O INFORMATIVO DE RADIO VILAMEÁN!!

 

No cole estamos a prepararnos para celebrar   FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2014 !! Este ano está adicado a Xosé María DÍAZ CASTRO, nado hai 100 anos.

Na aula estamos a traballar diferentes aspectos da súa vida e obra… así que esperade ao XOVES 15 de maio para ver o FESTIVAL DO COLE!

 

E chegan… OS DEPORTES!!

O clube de baloncesto AIREXA xoga o domingo ás 9.30 contra o Salesianos de Vigo.

O Val Miñor CF Alevín xoga ao sábado ás12.00 contra o Arenas no campo de Navia.

O Celta xoga o domingo ás 19.00 contra o Real Madrid. VAMOS CELTA!!!

 

E  temos unha nova moi especial!

ESTÁN A RODAR UNHA PELÍCULA EN PANXÓN E MONTEFERRO! A peli é “A Praia dos Afogados”, baseada na novela policiaca do mesmo nome, de Domingo Villar. Os actores son tanto galegos coma casteláns, e estase a facer a película no dous idiomas.

 

OUTRAS NOVAS… HOXE FALAMOS DE….

 

ESPAZO LECTURA:

Lembrade que tódolos LUNS podemos de disfrutar de CONTOMAR, na Biblioteca de Gondomar, ás 18.00.

Na casa de Lectura de Donas sempre hai contos e actividades. NON AS PERDADES!!!