29 de nov. de 2013


Bos días a todos e a todas, oíntes de RADIO VILAMEÁN!

Hoxe venres 29 de novembro, os compas de 6ºA Lucía, Bruno, Tania e María foron os encargados de levar o programa.  No control estivo a profe Marián e a profe Yolanda.
 
 

A primeira sintonía que escoitamos foi a de "O paraugas do Xosé", que introduce a sección O TEMPO QUE VAI. Esta vez cos nenos e nenas de 1ºA!

 
 


Despiois estivemos informados de todo o que pasa na nosa contorna do Val Miñor grazas á sección de HOXE FALAMOS DE.

 
 


Coñecemos as saídas que van facer en Infantil (Indiana Bill), e no 1º e 2º ciclo (Teatro Trouble in the Jungle).  Tamén falamos dos deportes, do clube Airexa e do clube de Atletismo do Val Miñor, e do clube de Atletismo Mar de Vigo. Sabiades que un compa do noso cole está a adestrar para participar en probas de Triatlón?

 Unha nova que nos gustou moito foi coñecer que un barco do Grove avistou 6 baleas aliblancas. INCRÍBLE!! Algunha delas medía 10 metros de largo!!

Pois isto é todo… estade atentos ao vindeiro programa, o martes 3 de decembro!
 


Saúdos do Equipo de Radio Vilameán, as profes  Marián, Auri, Xiana, Carmen Campo, Yolanda e Verónica!

28 de nov. de 2013


Isto é .....DEDICATORIAS

Ola compas, hoxe 28 de novembro , os alumnos de 4ºB foron os encargados de dar voz a nosa radio..



.....Pavís ,pavós a radio Vilameán con todos VÓS.



Con eles, estiveron os alumnos /as de 2ºB da profe Marina para RECORDAR os ANIVERSARIOS aos alumnos e alumnas que estiveron esta semana de aniversario.



 
E as dedicatorias desta semana foron para:


-Euforia Violetta para Lucia Fontela de Sara Salceda

-Ilove It  para  Carlota Lyka ,Iria  e  Daniela de MariaC a María Clavo.

-One direction para Belén de Laura e  Lucía López de 4ºA

-We Wil Rock You para Miguel de 1ºB de Pablo Chamorro Pereira de 4ºA

-Quiero rayos de sol Para Daniela de 5ºA de Ágata de 4ºA

  
 
-Xabarín Clube....blood filloas--- da profe Xiana para todos os nenos e nenas do CEIP Humberto Juanes.
 











Esperámosvos a vindeira semana!!!!



 
 

27 de nov. de 2013


Uuummmm... a que cheira ?


Hoxe martes 26 de novembro de 2013 na nosa radio favorita cheirou a...

1.-  Can de palleiro (raza en perigo de extinción)

2.-  Un poema do outono de  Antonio García Teijeiro.

3.- O noso espazo de mentira ou verdade? Hoxe unha verdade!! Un libro que se autodestrúe aos 60 días de abrilo…incrible!!

3.-  A flan de laranxa!!mmm…

Amenizado cunhas cantigas de pan de millo e ata un chiste na sobremesa!!!

Os locutores de hoxe foron Saúl, Natalia, Anxo e Lía de 5º B e Sofía, Raquel, Aldhara e Anxa de 3º A. Pasámolo xenial!! Botade unha ollada ás fotos!!