13 de dec. de 2013

Na RADIO VILAMEÁN... "Hoxe falamos de..." e "O Tempo que vai"


Moi boas, oíntes de Radio Vilameán... a mellor radio de TODO NIGRÁN!!

Hoxe venres 13 de decembro tivemos un programa dirixido por Laika e Nair, dúas compas de 5ºA que o fixeron XENIAL!!


Dentro das novas do cole coñecemos unha noticia MOOOIII especial!. O pasado martes, 10 de decembro estivo connosco o fantástico deportista BRAIS MISA, un atleta incríble que practica o DUATLÓN. Brais é todo un campión a nivel nacional e mundial!



O alumnado de 6º fíxolle unha entrevista moi interesante, que xa escoitaredes aqui máis adiante.



Tamén nos informaron de que o pasado 3 de decembro celebrouse o día das persoas con discapacidade. Pero lembrade... a única discapacidade perigosa é a de NON ter corazón!!



E CHEGA A INFORMACIÓN DO TEMPO para a fin de semana!!

Os reporteiros máis pequenos do cole, o alumando de 1º, informounos do tempo que haberá este fin de semana. Estará algo nubrado, pero seguiremos tendo sol.
Veña, aproveitade para ir de excrusión ao monte e gozar coa natureza do Val Miñor!




E despedímonos con cancións do Nadal. A semana que ven será a última do ano en Radio Vilameán... e virá o apalpador. Aqui deixámosvos unha das súas cancións:

http://www.youtube.com/watch?v=eS2szqW-jVs

 No control estivo a profe Marián, e axudando estiveron as profes Carmen Campo e Verónica. Un saúdooooo e ata o martes!!







12 de dec. de 2013


Isto é... Dedicatorias

Ola compas hoxe na radio Cristhian,Uxía, Carlota e Lucas González de  4ºB foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán.


Con eles tamén estiveron os compas de 2ºB para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.

E as dedicatorias foron para:

-Carlota y Vera  de 4ºB  de Alba Sarabia Fernández 4ºB coa canción ¨Señorita ¨de Abraham Mateo


-Lois de 3ºA  de A profesora de música Susana coa canción ¨Smoke in the water¨  de Deep Purple.

-Belén, Lucía y Yulia de 4ºA coa canción OSITOGOMINOLA.


-Lucía López de 4ºA para Ágata de 4ºA coa canción ¨Una vaina loca¨

-Pedro de 3 anos, Julia de 5anos, Ana de 1ºC, Irene de 1ºA e Paula de 2ºA de Lucía Arébalo coa canción Call me maybe.

-E finalmente ás profes da radio de Auri coa cación VOLVER A CASA POR NADAL de Xabarín Clube.

 

 

11 de dec. de 2013


Umm…a que cheira?

 

Peixe, carne, verduras e xamón!!

Hoxe martes 10 de decembro de 2013 na nosa radio favorita estiveron uns reporteiros moi especiais….
Os alumnos de 3ºA: Mario…Kiara…Arantxa…Ada…e…Carla.


Hoxe recitamos adiviñas......aí vai unha delas:

        AVE teño de nome
de LÁ o revestimento
o que non adiviña
non ten discorremento.
 

Alta estou
ladrón vexo vir
do meu carapucho
non podo fuxir.
 
Ademais os nenos de 5º B levaron o peso do programa cun menú do mais apetecible!!!



-     Faláronnos do falecemento de Nelson Mandela (presidente de Sudáfrica e premo Nobel da Paz).

-     Dunha receita moi especial...Panettone.

-     E...o noso xogo semanal de: Mentira ou verdade? Unha curiosida ben certa e foi que nos hospitais xaponeses non existen as plantas números 4 e 9 por ser estes números da mala sorte!!

 
Vémonos a semana que ven!!
Con mais noticias frescas na nosa radio favorita!!


Nelson Mandela: unha lenda para os nenos e nenas 
 


Dende a Radio Vilameán ...un adeus musical







 
 

9 de dec. de 2013


Isto é... Dedicatorias

Ola compas hoxe na radio os alumnos e alumnas de 4ºA foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán.

 


Con eles tamén estiveron os compas de 2ºA para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.
 

 
 
 
 
 

E as dedicatorias desta semana foron para:

-Carlota de 5ºA  de Paula de 5ºA coa canción WREYKIN BALL

-Raquel e María de 5ºA  de Shewit de 5ºA coa canción Euphoria  de Violeta.

-Xandre García Gil de 3 anos de Sabela García Gil  de 4ºA coa canción OSITO GOMINOLA.

-Nerea e Lyka de 5ºA para Daniela de 5ºA coa canción B.E.A.T de Selena Gómez.

-E finalmente a todos os nenos  que escoitan a radio Vilameán da profe Yolanda coa canción Somos  do clube da GALEGA  de Xabarín Clube.( se queres escoitala outra vez preme aquí)E como non, unha foto simpática co Xabarín mais coñecido de toda a TVGA para todos VÓS.
 
 
Ata o vindeiro xoves!!