27 de feb. de 2014


Isto é... Para tí Dedicatorias!!

     Ola compas hoxe na radio Vilameán 27  de febreiro Hugo ,Antón, Yasmin e Lucía Arévalo  de 4ºB  foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán!!

 







Con eles tamén estiveron os compas de 2ºA para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.





E as dedicatorias foron para:

-Belén de 4ºA de Mario de 4ºA coa canción ¨Story my life ¨

-Martín Rey de 2ºA de Iván de 2ºA coa canción ¨tu corazón¨ .

-A profe Marina de Yasmina de 4ºA  coa canción de ¨Ahora tú¨de Malú.

-Lucía Arévalo de 4ºA de Lucía  López de 4ºA coa canción ¨Adiós rios ; Adiós fontes¨ poesía de Rosalia de Castro cantada por Lucía Pérez.

 
 -Para todo o cole unha poesía cantada polos nenos e nenas de 5 anos da profe  Sara.
Isto é todo por Hoxe esperámosvos o seguinte xoves!!


 

25 de feb. de 2014




         Radio Vilameán e
      Rosalía  de  Castro

                    Ola a todos e todas !!

Hoxe  24 de febreiro a RADIO VILAMEÁN emite un programa moi especial ...homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO no día do seu aniversario.


Os nenos e nenas de 6ºB ,dedícanlle algúns  pareados a Rosalía:
 

 
            Aseñorita Rosalía ,                                                casou con Manuel Murgía.


Rosalía coa súa idade ,
xa era famosa na modernidade .


 

Rosalía,

de todo sabía.


 

Rosalía,

se fora polas mulleres,
contra todo loitaría     





Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837,nunha casa do Camiño Novo( hoxe chamada  rúa ROSALÍA DE CASTRO .Xa dende moi nova ,en santiago de Compostela, se integrou nun grupo de intelectuais comprometidos na defensa dos intereses de Galicia.
No ano 1963 publica en Vigo CANTARES GALLEGOS  que marcou o inicio da literatura galega moderna ..

 

casa de Rosalía de Castro



Rosalía escribiu en galego  nunha época en que poucos escritores e ningunha escritora o facían.Foi por isto que Rosalía convertiríase nunha escritora das nosas letras ,publicou , o seu derradeiro libro de poemas en galego  FOLLAS NOVAS no ano 1880 na Habana ( Cuba)

 



Rosalía morreu de cancro aos 48 anos en 1885 na sua casa da Matanza en Padrón , hoxe é a casa museo da fundación Rosalía de Castro.



 
ROSALÍA DE CASTRO:

 VANGARDISTA
CULTA E MODERNA

DEFENSORA DA LINGUA E DAS CULTURA GALEGA

DENUNCIOU A MISERIA E A EMIGRACIÓN

DEFENSERO DOS DEREITOS DAS MULLERES

GALEGA E UNIVERSAL.



E os nosos compas dos diferentes  cursos participaron neste especial  ROSALÍA recitando as súas poesías e incluso creando un rap da vida de Rosalía.
Aquí vos deixamos con videos


e  algunhas imaxes do momento.



 
 
 

23 de feb. de 2014


RaDIO vILAMEÁN e

a MAREA das PALABRAS

 O sabádo 22 de febreiro tivo lugar no cruce da Ramallosa unha menifestación en defensa dunha ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S ..

 




O noso centro con representación de mestres, nais e alumn@s do noso centro participaron coa frase por unha EDUCACIÓN INCLUSIVA ... aquí vos deixamos cunha pequena reportaxe do manifestación conxunta de todos os centros educativos do Val Miñor .Podes premer en  mareaverde se queres informarte das mobilizacións contra LOIMCE na nosa comarca