15 de abr. de 2014



XA CHEGA…

“HOXE FALAMOS DE…”

 

O programa do venres 11 de abril foi conducido polos nenos e nenas de 6ºB Gisela, Lucía, Ramón e Iván. QUE BEN O FAN ESTES GRANDES LOCUTORES!!!

 




Os primeiros en chegar ata o estudo de Radio Vilameán foron os pequenos de 1ºA para falarnos do tempo que haberá na fin de semana.

 




TEREMOS MOITO SOL!!! E moi boas temperaturas para a Semana Santa. QUE BEN!.

Aqui tendes aos compas de 1ºA, coas profes Auri e Marián.

 




Despois do tempo, chega a hora de falar das NOVAS DO COLE!

Hoxe cunha nova un pouco tristeira pero leda á vez: xa marcharon os nenos e nenas de Manchester que estiveron de intercambio durante una semana. Fixeron MOITÍSIMAS actividades xunto cos compas de 5º e 6º.  Seica o que máis lle gustou foi a visita ás Illas Cíes. NORMAL! É que son un paraíso!!



 

EHHhhh, vedes que bonito está o chan do cole?? E nas paredes dos corredores? Que pasa?



 


Pois que estamos celebrando o 20 aniversario de Ponte nas Ondas e temos con nos unha morea de retaílas para divertirnos cos XOGOS POPULARES.

 



 

Busca as diferentes cores para xogar cos teus amigos e amigas!

 



Os reporteiros de 6º tamén nos achegaron as novas DEPORTIVAS.

O sábado 12 de Abril xoga o Baloncesto Eirexa contra o Santiago Apóstolo de Vigo. O Val Miñor C.F.  Infantil xoga ás11.30 contra Los Sauces. A POR ELES!!!



 


Ademáis, na Liga Escolar de Duatlón, ás 11 da mañá en Santiago vai participar o noso compañeiro Iván Rodríguez Soto! Vai co Clube Rías Baixas e representando ao CEIP HUMERTO JUANES! BOA SORTEEEEE!!



Os compañeiros de 6º tamén nos informaron de que na Praia de Patos fíxose unha batida de limpeza, e celebrouse un simulacro de varamento por parte do Cemma xunto coa Escola Surf de Patos.



E.. lembrade… na SEMANA SANTA tamén podedes ir disfrutar do ESPAZO LECTURA en Gondomar, e asistir os Luns a ‘CONTOMAR’, ás 18.00. E non esquezades de que na Casa da Lectura de Donas tendes un sinfín de contos e actividades…

 



Desde o CEIP Humberto Juanes queremos desexarvos unhas FELICES VACACIÓNS de Semana Santa… non papedes moitos ovos de chocolate, eh!!!

-As profes de Radio Vilameán (Carmen Campo, Yolanda, Xiana, Marián, Auri e Verónica.)