24 de xan. de 2014

XA CHEGA... "HOXE FALAMOS DE" !

Hoxe temos un programa MOI ESPECIAL, xa que poderedes escoitar a entrevista que lle fixemos ao CAMPIÓN de atletismo BRAIS MISA en <Radio Vilameán> !!!  estade atentos!!!

Pero antes, vexamos que máis tivemos hoxe venres no programa. Nos micrófonos estiveron os reporteiros de 6ºA Lara, Pablo Vanessa e María. Eles se encargaron de levar tódalas seccións.



Empezamos recibindo aos compas de 1ºA que nos falaron do tempo que haberá na fin de semana. Lucía, Hugo, Candela, Brais, Adriana, Antón e Irene contáronnos que o ceo estará bastante nubrado durante a fin de semana. Pode chover un pouquiño.




Dentro das NOVAS DO COLE, lembrade de que pronto teredes moitos libros novos na biblioteca para poder levares ás vosas casas. Botádelle un ollo!!



Lembrade tamén que esta é a última semana para anotarvos no XV Cross Escolar do Val Miñor . Nunha modalidade parecida comezou Brais Misa a súa andaina deportiva!


Nas novas de ACTUALIDADE da fin de semana, podedes ir ao cine da Ramallosa, onde botarán "Caminando entre Dinosaurios" e "Free Birds" (Vaya Pavos).

Cantas novas nos contaron os reporteiros de hoxe!!



E isto é todo.... deixámosvos co ESPECIAL BRAIS MISA!!! Con fotos, videos a este GRAN CAMPIÓN de duatlón e triatlón!
 
+
 A entrevista deste campión empezou cun video promocional que el e o seu compañeiro granadino presentaron a mundo enterio e que reflicte todo o seu esforzo e sacrificio polo deporte. NORABOA BRAIS!! ERES UN EXEMPLO PARA TODOS NÓS!!
video de BRAIS 


Videos e imaxes da entrevista a BRAIS MISA O NOSO CAMPIÓN EN DUATLÓN E TRIATLÓN


1º Brais Misa amosou o seu video e respondeu a moooitas preguntas que os nenos e nenas de 6ºA e B lle tiñan preparado



Brais compartiu  as súas medallas mais importantes con todos nós






 


E finalmente despois de responder as nosas preguntas e de asinar moitos autógrafos entrevistouse cun grupo de reporteiros da radio para grabar a entrevista





   




VOLVE PRONTO BRAIS MISA!!



23 de xan. de 2014


Isto é... Para tí Dedicatorias!!

Ola compas hoxe na radio Vilameán Pedro,Lucía López, Ágata e Isaac de 4ºB  foron os encargados de dirixir a sección DEDICATORIAS de... Radio Vilameán ,a mellor radio de todo Nigrán!!




Con eles tamén estiveron os compas de 2ºA  Yunina,Lucas Pena, Marcos, Uxía, Tomás y Lukas Retolaza para felicitar  a todos os nenos e nenas do colexio que estiveron esta semana de aniversario.
 



E as dedicatorias foron para:

-Carlota e Estrella de 4ºB de Alejandra Justo de 4ºB coa canción ¨Una vaina loca¨
 




-David de 2ºA  de Iván de 2º coa canción ¨Wasstapp¨
 

-Carlota,Nair,Lyka y Lucía P. de 5ºA de lucía Fontela coa canción ¨Timber Pitbull¨


 
 
Mentres no patio..
 
-Patri e Andrés  de Enrique coa canción ¨Ai Si Eu Te Pego¨


-Todo o cole  dos nenos e nenas de educación infantil coa ¨ poesía 1,2 e3 cantada por eles mesmos.¨
GRAZAS PROFE JUANI E TERE POLA VOSA COLABORACIÓN