13 de dec. de 2013

Na RADIO VILAMEÁN... "Hoxe falamos de..." e "O Tempo que vai"


Moi boas, oíntes de Radio Vilameán... a mellor radio de TODO NIGRÁN!!

Hoxe venres 13 de decembro tivemos un programa dirixido por Laika e Nair, dúas compas de 5ºA que o fixeron XENIAL!!


Dentro das novas do cole coñecemos unha noticia MOOOIII especial!. O pasado martes, 10 de decembro estivo connosco o fantástico deportista BRAIS MISA, un atleta incríble que practica o DUATLÓN. Brais é todo un campión a nivel nacional e mundial!



O alumnado de 6º fíxolle unha entrevista moi interesante, que xa escoitaredes aqui máis adiante.



Tamén nos informaron de que o pasado 3 de decembro celebrouse o día das persoas con discapacidade. Pero lembrade... a única discapacidade perigosa é a de NON ter corazón!!



E CHEGA A INFORMACIÓN DO TEMPO para a fin de semana!!

Os reporteiros máis pequenos do cole, o alumando de 1º, informounos do tempo que haberá este fin de semana. Estará algo nubrado, pero seguiremos tendo sol.
Veña, aproveitade para ir de excrusión ao monte e gozar coa natureza do Val Miñor!




E despedímonos con cancións do Nadal. A semana que ven será a última do ano en Radio Vilameán... e virá o apalpador. Aqui deixámosvos unha das súas cancións:

http://www.youtube.com/watch?v=eS2szqW-jVs

 No control estivo a profe Marián, e axudando estiveron as profes Carmen Campo e Verónica. Un saúdooooo e ata o martes!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario