22 de nov. de 2013

MOI BOAS, oíntes de RADIO VILAMEÁN!

No programa de hoxe venres 22 de novembro de 2013 tivemos as seccións de " Hoxe falamos de... " e " O tempo que vai ".




En "Hoxe falamos de...", os reporteiros e reporteiras de 6º, Adrián, Merche, Yasmina e Pedro,  contáronnos as novas do colexio. Xa temos gañadores do concurso do SAMAÍN!!
Hai moitos premiados nas diferentes seccións:

* CONTOS DE TERROR: Premio colectivo a 1ºC polo seu conto ilustrado.
Individuais: 2ºA: Eva, Sara García e Uxía Lameiro.
2ºB: Lucas Pena, Emma Álvarez e Yasmina.
3ºA: Iago e Sheila.
3ºB: Martín López de Alda.
4ºA: Antón Alejos Ruibal.
4ºB: David Leyenda, Uxía e Alba Romero.
5ºA: Daniela Ottonello, Carlota Rial e Lucía, Sara e Mario.
5ºB: Claudia Galván, Alba e Ana.
6ºA: Tania Bouzós, Pablo Lamothe, Carlos González e Ismael Salgueiro.
6ºB: Sara Ferreiro, María Fernández e María Núñez.

* AULAS MÁIS PARTICIPATIVAS:
1ºC, 2ºA, 2ºB, 4ºA, 4ºB, 6ºA e 6ºB.

* DEBUXOS DE TERROR:
Educación Infantil de 3 anos A e B, 4 anos A e B, 5 anos A e B; 1ºA, 1ºB, 1ºC, 2ºA, 2ºB, 6ºA e 6ºB.

* PREMIO ESPECIAL CLASE MELLOR DECORADA: 4ºA.

Seguindo coas novas, na sección de deportes, non esquezades de que o sábado 23 ás 12.30 o equipo de Baloncesto do Airexa xoga contra o Celta no pabillón de Navia.

Os reporteiros tamén nos informaron da folga de estudantes contra a nova Lei de educación, a LOMCE. Coñecemos os incidentes provocados por un grupo de infiltrados alleos á manifestación.

E na sección do TEMPO QUE VAI, tivemos aos reporteiros máis novos do cole, os alumos e alumnas de 1º!!! Este venres tocoulle a 1ºC.

Os reporteiros foron: María Figueroa, Ana López, Tania Pimienta, Aleina, Marta Rodríguez, Felipe Comesaña, Carlos García de la Peña.


Coñecemos que irá MOITO FRÍO nesta fin de semana, así que preparádevos ben!!

Que ben o fixeron estes nenos e nenas! Foi moi especial para eles, posto que era a súa primeira vez na Radio.
Para que o podades comprobar vós mesmos, aquí vos deixamos cun pequeno video da radio de hoxe.



... Isto é todo...  estade atentos á Radio Vilameán durante os recreos!!
ATA LOGO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario