29 de xan. de 2014

Ummm...a que cheira?


 
Ummm …a que cheira?

Ola nenos e nenas!!


O martes, día 28 de xaneiro de 2014, María López, Lucas, Lucía Fontela e Alejandro fomos os encargados de que a nosa radio cheirase moi ben!!
 
 

Tamén os alumnos de 3ºA estiveron por aquí: Rocío, Lois, Sheyla, Yoel e Andrea.
 

 O menú? Algo delicioso!! Foi moi apetecible… Unha recua de adiviñas relacionadas co monte... velaí van algunas:

 

“Nazo con sombreiro

medro con sombreiro

e cando chega o día

marcho…e non o levo” 

Que é?

            (Le do revés:  ardnal A)





 

“Úsanme para dar sabor

e como agasallo nos premios

pero críome nos recunchos

nos beirais e nos lindeiros.”
 
Que é?
(Le do revés:  orieruol O)



 

“Nos sitos solleiros

de pouca auga e menos terra

medra unha planta que ten

flores de ouro e dentes de fera.”

 

Que é?

(Le do revés:  oxot O)

 

E sen olvidarnos da nosa receita semanal que foi “barquiños de ovo” sinxela, rica e divertida!!!

 
 
 
Ademais tamén falamos da VACALOURA (vive nos bosques onde hai carballos e é o maior escaravello de Europa).



 
 

Un recordatorio especial, achégase o día da PAZ!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario