17 de xan. de 2014

Xa chega... "HOXE FALAMOS DE" ! !

Ata os micros da RADIO VILAMEÁN achegáronxe hoxe os reporteiros de 6ºB Anxo, Lucía, Pedro F. Macías e Gisela.



 Empezaron presentando aos compañeiros de 1ºA que nos informaron sobre o tempo que haberá na fin de semana.  COLLEDE O PARAUGAS, porque seica o sábado vai caer unha boa!! Pero tamén teremos frío e un pouco de sol... así que buscade o ARCO DA VELLA!

Aquí están os compas de 1ºA Xoán, Paula, Lucas, Lucía, Antía e Aitana.


 
 
E despois do tempo seguimos falando das novas do colexio. Os reporteiros felicitaron á profe de Inglés Marta Cid porque xa naceu a súa segunda filla!! NORABOA, MARTA!!

 
 
 E xa no tempo dos deportes, lembrarvos que o Sábado ás 10 da mañá o Clube de Baloncesto AIREXA xoga contra o Celta no pabillón de Navia. Hai que ir a  animalas!!!

 

 Hoxe venres pola tarde recomendamos a sesión de Espazo Lectura de Contos en Cueiros. Representarase "Oso busca lugar onde durmir", para os máis cativos da casa. NON O PERDADES!





 
QUE BEN O FIXERON OS RAPAC@S DE 6ºB !!!!

Isto foi todo... ata o martes!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario