13 de feb. de 2014


        13 de FEBREIRO  

            DÍA   MUNDIAL    DA     RADIO

Ola compas hoxe 13 de febreiro de 2014 celebramos o día grande da RADIO ...porque hoxe é ...O DÍA MUNDIAL DA RADIO !!!  e para celebralo realizamos un programa especial  pilotado polos nosos/as compas de 4ºA Sara Mosquera, Álbaro , Bauti e Mario.



 

Eles foron os encargados de contarlle ao nosos ointes que as radios escolares comezaron a implantarse en Galicia e no norte de Portugal alá polos anos 90 como medio dinamizador nos nosos colexios .Gracias a esta valiosa ferramenta  creouse o programa de radio interescolar PONTE NAS ONDAS.(PREME EN PONTE NAS ONDAS  PARA VER A SÚA PÁXINA)



Por isto , todas as escolas que traballamos  coa RADIO ESCOLAR unímonos ao chamamento da UNESCO para celebrar O DÍA MUNDIAL DA RADIO E  MANIFESTAMOS:

1.Que temos dereito a expresarnos nun medio de comunicación simple e actual.

2.Que a radio trasmita valores como a tolerancia, a solidariedade, a igualdade e a colaboración .

3.Que as nosas voces precisan ser escoitadas.

4.Que as distintas administracións educativas creen un canal de radio exclusivo para as radios escolares.

5.Que a radio escolar constitúe unha eficaz ferramenta para as competencias comunicativas dos futuros cidadáns.


E para que as mellores ondas cheguen por AIRE e aos mellores oídos  así celebramos...QUE  VIVAN EN  TODAS AS NOSAS ESCOLAS A RADIO ESCOLAR!!!


 
E as derdicatorias desta semana foron para:

-Yulia de 4ºB  de Mirián de 4ºA coa canción código Violeta.
-Miguel de 1ºA de Antón de 1ºA coa canción do seu tío Iván Ferreiro Dormilón.
-Manu de 1ºB do seu irmán Hugo de 1ºA coa canción ¨Cero¨ de Dani Martín.
-Todos os nenos e nenas de 1ºA de Pablo coa canción ¨Te echo de menos ¨ de Pablo Alborán.
-PONTE NAS ONDAS  dedicada no DIA MUNDIAL da RADIO  coa canción TASE BEN NA RADIO.
Esperámosvos a próxima semana!!
 

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario