Ummm….a que cheira?
Martes 11 de febreiro de
2014
Se é martes toca o que toca… a sección de radio
mais rica e deliciosa chega…
Mmm...…a que cheira?
Pablo, Gabi, Brais e María de 5º B foron os
encargados de guiar o programa…velaí as súas caras…
No programa de hoxe escoitamos a entrevista ao alcalde de
Nigrán: Alberto Valverde.
Tamén recitamos, os nenos de 3º B: Jaime, Hugo, Laura e Magin; unha poesía dedicada a árbore:
“
Viaxeiro ecoita:
Eu son
a táboa do teu berce,
a madeira
do teu barco
a superficie
da mesa,
a porta da túa casa.
Eu son
a fermosura da paisaxe,
o encanto
da horta,
o sinal
da montaña
o lindeiro
do camino.
Eu son
a leña que te quenta
nos días
de inverno,
o perfume
que te regala
e embalsama
o aire a todas horas,
a saúde
do teu corpo
e a
ledicia da túa alma...”
E o noso reto semanal
de… mentira ou verdade?
Mentira ou verdade que
os gatos sen bigote se desequilibran?
Pois sabede que é…VERDADE!!
Deica a vindeira semana
Ningún comentario:
Publicar un comentario